Resumen

A historia conta como unha nena de 9 anos, Elizabeth Ann, é orfa e debe continua-la súa vida tra-lo cambio que acontece cando a mandan dende a cidade á granxa de Vermont. Na súa nova vida rural, Elizabeth Ann acaba por ser chamada Betsy, e atopa ademais moitas actividades para pasa-lo dia: ir á clase, cociñar, face-las tarefas da casa.... Xa entende que pode facer cousas por sí mesma. Unha ensinanza moi pracenteira.

Valores

Dorothy Canfield introduciu con este libro o método Montessori para os nenos máis desfavorecidos dos Estados Unidos, foi ademais o libro que ocupaba o primeiro posto no programa de educación para adultos do país, e por riba converteuse na historia máis aclamada da selección feita polo comité Club do Libro do Mes dende 1925 a 1951.

SOBRE O AUTOR:
Dorothy Canfield Fisher
(17 de Febreiro de 1879 – 9 de Novembro de 1958) foi una reformadora educacional, activista social e unha das mellores autoras e das máis vendidas nas primeiras décadas do século vinte. Foi nomeada por Eleanor Roosevelt unha das dez mulleres máis influentes dos Estados Unidos.