CARABUÑAS

14,00  IVA

Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.
Branca é astuta como un raposo e lista como un moucho. Carabuñas, carente destas dúas calidades, é presa fácil para o xogo de confusión que inicia a nena cando, unha noite, o bruxo entra no seu cuarto para comela.
Ridiculizando algunhas das súas características físicas, ás que Carabuñas nunca antes lles prestara atención, Branca logra que o bruxo dubide da súa identidade –e ata de que poida comela– e acabe fuxindo para a súa casa, inseguro e deprimido.

EDITORIAL OQO
AUTOR: MARGARITA DEL MAZO

INFORMACIÓN
Páginas 40 páxs.
Encuadernación cartoné
Medidas 25×23 cm
Publicación 2012

Category:

.
Etiqueta: .
Autor:
Editorial:
ISBN: