Ver cesta "O meu piollo e mais eu" foi engadido á súa cesta.

VOLVER

16,50  IVA INCLUIDO

Pablo echart – Concha Pasamar

Colección +triqueta

 

Un rostro querido, un atardecer, un día de escola, uns pasos familiares.

Imaxes que refulxen na memoria.

E, sempre, trenzados sobre nós, os que fan fermosa a nosa vida.

Volver é unha colección de estampas favoritas.

E unha dedicatoria, un agradecemento e unha celebración.

 

Que é volver?

 

“Volver” é unha dedicatoria. Ou o que é igual, un agradecemento. “Volver” escribiuse cos agasallos que amigos e familiares deixaron sen sabelo. De forma calada, como unha enredadeIra, eles se enredan sobre nós para facer fermosa a nosa vida. “Volver” é un álbum de imaxes favoritas. As que dan conta do que máis queremos.

“Volver” é un álbum escrito para que os máis pequenos descubran que cada instante da vida está cheo de valor. Para que recoñezan que a celebración do mundo pode atoparse nun rostro querido, nun atardecer, nun día de colexio ou no son duns pasos familiares. As ilustracións de “Volver” elaboráronse en técnica mixta: o estarcido onde a tinta se mónta coloreandose dixitalmente nunha paleta nostálxica e ao mesmo tempo actual.

Con este libro inauguramos unha nova colección que denominamos “+ TRIQUETA”,

Un paso adiante na nosa traxectoria que nos permite chegar a máis público. Historias con carácter editadas con delicadeza e feitas para os lectores máis esixentes. Unha posta de longo cunha selección coidada para os amantes dos libros.


AUTOR: Pablo Echart
ILUSTRADORA: Concha Pasamar
ISBN: 978-84-18687-33-4
PUBLICACIÓN: marzo 2022
FORMATO: Tapa dura 
MEDIDAS: 26 x 24 cm
PÁXiNAS: 32
IdadE ORIENTATIVA: >7
PREZO SEN IVE: 15,87
PREZO CON IvE: 16,50 €

			
Idioma

Castelán, Gallego