Enyd e o bosque esquecido

15,90  IVA INCLUIDO

Colección: Camiñemos cara a un mundo verde

Autor: María Quintana Silva
Editorial: Triqueta Verde Editora
ISBN: 978-84-18687-02-0
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 40
Data de publicación: 7 de abril de 2021
Número edición:

NOVIDADE!

A pequena Enyd vive nas profundidades do bosque. Unha mañá, os seus veciños os animais, cansados de todas as porcalladas que chegan desde a cidade, deciden ir queixarse á metrópole. Coa axuda de Enyd, convencerán aos cidadáns para que acudan ao bosque e vexan no que se está convertendo. Un bosque que esqueceran,o que supoñerá terribles consecuencias para todos.

O libro gustarache porque grazas a súa protagonista e a unha ambientación mística, o lector entra nun mundo máxico, onde recibe unha invitación para gozar do bosque: a natureza aínda pode ser parte fundamental das nosas vidas se non a esquecemos e salvagardámola.

As ilustracións cheas de brillo e colorido fan que os personaxes cobren vida, enchendo de brisa fresca cada páxina.

RECOMENDADO PARA:

Traballar e concienciarnos polo medio ambiente, o respecto da natureza e do hábitat doutras especies, a importancia de coidar o que apreciamos, pero sobre todo a deforestación e os incendios forestais, que son algúns dos temas presentes neste libro. Este último, un problema moi actual en ambos os hemisferios do planeta.

TEMAS

#animais #habitats #incendio #ecoloxía #medioambente #deforestación #aventuras

DETALLES DO CONTO

Autora : María Quintana Silva
Ilustradora: Silvia Álvarez
Xénero: Literatura infantil.
A partir dos 3 años
Tamaño: 22 x 29 cm
Encadernación: Tapa dura con foil stamping

Idioma: Galego

ISBN Castelán: 978-84-18687-02-0