Ver cesta "Imaxinando un mundo novo (para ti)" foi engadido á súa cesta.

Viaxes en trens de primeira clase

19,95  IVA INCLUIDO

  • GAÑADOR NA 56ª EXPOSICIÓN DA FERÍA DE BOLONIA 2022 (Italia)
  • GAÑADOR DO PREMIO DE ILUSTRACIÓN DA HIIIBRAND INTERNATIONAL DESIGN AWARDS 2021 (China)
  • SELECCIONADO PARA A EXPOSICIÓN DA FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO DE LONDRES 2022
Autor: Dani Torrent
Editorial: Triqueta Editora
ISBN: 978-84-18687-36-5
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 72
Data de publicación: 5-5-2022
Número edición: 1a

XA Á VENDA!

Viaxes en trens de primeira clase

 

Clementina desde pequena fora educada polo seu pai para entrar na alta sociedade da época. Toda a súa vida esforzouse por aprender os modais e a etiqueta que a alta sociedade esixía. O seu pai tiña a esperanza de que, grazas ás relacións que cultivara durante anos de traballo na administración pública, conseguiría para ela un bo matrimonio.

O estalido da guerra no seu país e a morte do seu pai, acaban de súpeto con eses plans de futuro expostos. Soa, sen casa e sen apenas recursos debido aos desastres da guerra, Clementina idea un plan: gastarse ata o último céntimo dos seus aforros nun vestido de seda e un pase dun ano para viaxar en trens de primeira clase. O seu obxectivo, socializar cos cabaleiros máis distinguidos durante os longos traxectos que abono permitía co ánimo de cumprir un dos soños do seu pai, atopar o bo matrimonio que desexase. Pero, é este realmente o soño de Clementina?

Estruturado como un conto clásico, Clementina ten tres encontros, tres cabaleiros cada un máis rico que o anterior, que lle propoñen ser a flor máis bela do seu xardín, a obra mestra da súa colección, e ata a xoia máis brillante da Coroa. Pero un xiro inesperado, converte esta fábula nunha historia de autocoñecemento e empoderamento feminino.

O noso segundo título da nosa colección +Triqueta. Un álbum especial con unha edición mais delicada para as/os koalas mais esixentes.

Autor: Dani Torrent
Ilustrador: Dani Torrent
ISBN: 978-84-18687-36-5
Publicación: Maio 2022
Formato: Tapa dura 
Medidas: 22 x 28 cm
Páxinas: 72
Idade orientativa: >12
Prezo sen IVE: 19,18
Prezo con IVE: 19,95 €