Ver cesta "Adiviñacedario" foi engadido á súa cesta.

Era unha vez a vasoira dunha bruxa

15,95  IVA INCLUIDO

PROXIMAMENTE!

Sabes de onde sacan as bruxas os seus poderes?

Todo comezou nunha aldea máxica, onde unha cativa chamada Moira recibiu unha marabillosa reliquia máxica. Pero por máis que o intentaba, non era quen de facer brillar os seus poderes como o facía a súa amiga Lúa. As súas pocións non refulxían, os seus feitizos fracasaban e todo o que facía parecía saír mal. Por sorte, cun chisco de axuda da súa amiga, Moira descubriu a forma de facer que a maxia que levaba dentro estalase.

RECOMENDAMOS O LIBRO POR:

É Unha historia que será devorada de inmediato polos innumerables pequenos amantes das bruxas. As súas ilustracións son moi peculiares e fan chegar de inmediato o/a lector/a a historia e valores que habitan detrás desta narración, tales como o amor polos animais, a amizade incondicional, axuda ao necesitado e a cooperación.

Beatrice Blue é unha artista madrileña con miles de seguidores en Instagram que namora coas súas ilustracións. Ela técnicamente defínese como visual development artist e tamén participou en películas de animación como a segunda parte de Tadeo Jones.

 

AUTORA: Beatrice Blue
ILUSTRADORA: Beatrice Blue
ISBN: 978-84-18687-53-2 Galego
PUBLICACIÓN: febreiro 2023
FORMATO: Tapa dura
MEDIDAS: 23 x 27 cm
PÁXINAS: 40
IDADE ORIENTATIVA: >4
Idioma

Gallego