Malvarina · Quero ser bruxa

14,95  IVA INCLUIDO

>NOVO LIBRO XA Á VENDA<

Autor: Susanna Isern con ilustraciones de Laura Proietti
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 978-84-18687-31-0
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 116
Data de publicación: 3 de marzo de 2022
Número edición:

ESTA HISTORIA SUCEDEU NUN VAL.
Pero non nun calquera, senón nun val enmeigado. Estaba gobernado por tres bruxas moi malvadas, famosas e temidas polos seus arrepiantes feitizos. Si, sei que pon os pelos de punta, quizais ata os teus dentes comezaron a rinchar. Pero se ti, coma min, tamén quixeses converterte nunha auténtica bruxa, quizais tamén tocarías o timbre do castelo prohibido…

 

COÑECE A MALVARINA:

Unha valente nena de nove anos desexosa de converterse en bruxa. Ela decide tomar o control do seu destino e visita ás tres bruxas que gobernan a súa cidade, temidas polos seus terroríficos feitizos. Dispostas a atopar unha herdeira, adestran a MALVARINA para que se converta nunha delas. Pocións máxicas, caldeiros fumarentos, vasoiras voadoras e feitizos enfermizos…

Axustarase MALVARINA á descrición dunha bruxa ordinaria? Ou fará as súas propias regras?

Unha novela totalmente ilustrada ideal para lectores principiantes de entre 7 e 8 anos con adorables ilustracións. Primeiro título dunha apaixonante serie da autora superventas Susanna Isern, autora de máis de 80 títulos. Unha forma tenra e divertida de falar de orixinalidade e autenticidade.

 

AUTORa: Susanna Isern

ILUSTRADORA: Laura Proietti

ISBN: 978-84-18687-31-0

PUBLICACIÓN:  marzo 2022

FORMATO: Tapa rústica 

MEDIDAS:  15 x 21 cm

PÁxiNAS: 116

Idade ORIENTATIVA: >7

PREzo SeN IVe: 14,38 €

PRezo CON Ive: 14,95 €