O meu piollo e mais eu

16,95  IVA INCLUIDO

>NOVO LIBRO XA Á VENDA<

Autor: Txabi Arnal con ilustracións de MALOTA
Editorial: Triqueta Editora
ISBN: 978-84-18687-10-5
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 48
Data de publicación: 13-10-2021
Número edición:

NOViDADe!

O MEU PIOLLO E MAIS EU – (Historia dun protagonista inusual)

Desde o mesmo título, O MEU PIOLLO E MAIS EU lanza un desafío ao lector, un reto amable e divertido, unha invitación e incitación á súa lectura. E é que o título desta obra pica e incomoda igual que o fan os piollos cando se aloxan nas nosas cabezas. Pero adoita suceder que, en ocasións, o incómodo tamén resulta atractivo.

Quen o diría! Un PIOLLO, un bicho tan pequeno, tan molesto, tan parasito, tan azoute de nais, pais e profesorado… convertido en protagonista e heroe dun álbum infantil. E non, non é o malo desta película. De selo, a nosa obra estaría encabezada por outro título como, por exemplo: EU CONTRA O PIOLLO ou DUELO NA MIÑA CABEZA pero non é o caso.

 

RECOMENDAMOS o LIBRO POR

 

O MEU PIOLLO E MAIS EU trátase dun Álbum, onde a imaxe e a palabra escrita únense para dar forma ao texto definitivo, á proposta artística dos seus autores Txabi Arnal e MALOTA nas ilustracións.

Álbum, sinónimo de lectura pausada, detallada, ideal para ser compartida entre neno e adulto. E daquilo que se comparte, adoita nacer a afección. Terminamos como se adoita terminar: polo final. Pero non vos esperedes do MEU PIOLLO E MAIS EU unha conclusión predicible, senón máis ben un final cómplice, capaz de regalar ao lector un sorriso a pesar do tráxico de…. Non daremos máis pistas.

Estas son as intencións que guiaron o labor dos autores, e esta é a expectativa que, de corazón, desexamos cúmprase nos nosos lectores: que gocedes deste libro e oxalá, de cando en vez, regresedes a el, e volvades sentir os proídos e as “molestias” causadas polo noso piollo.

 

AUTOR: Txabi Arnal
ILUSTRADORA: MALOTA
ISBN:  978-84-18687-10-5
PUBLICACIÓN: Outubro 2021
FORMATO: Tapa dura
MEDIDAS: 25 x 30 cm (gran formato)
PÁxINAS: 48
IDADe ORIENTATIVA: >4
PREzO SeN IVe: 16,29
PREzo CON IVe: 16,95 €