Federico

16,50  IVA INCLUIDO

Todo o universo de Federico García Lorca nun conto biográfico cargado de chiscadelas á obra e vida do poeta granadino.

Category:

.

Como sería poñerse na pel de Federico García Lorca para contar a súa vida e convertela nun conto?

A colección “Os meus amigos” recrea a vida ficcionada de grandes escritores e escritoras.

O delicado texto de Jesús Castro Yáñez trasládanos á Granada do pequeno Federico cando a chegada dunha compañía de teatro ao seu pobo, anima ao protagonista para montar o seu propio espectáculo.

Para iso deberá reunir a diferentes actores e actrices que moitos e moitas recoñeceremos na obra de Federico García Lorca.

Conmemorando o 125 aniversario do seu nacemento, Jesús Castro Yáñez e Iván R., homenaxean ao autor (esta vez personaxe) e todo o seu universo poético.

Unha historia con dobre lectura, un achegamento da obra e vida de Federico aos máis pequenos e, por outro, unha homenaxe ao universo lorquiano para os máis esixentes.

Idioma

Castelán, Catalán, Gallego