Malvarina 2 · Bruxa en prácticas

14,95  IVA INCLUIDO

Edición en galego

Autor: Susanna Isern con ilustraciones de Laura Proietti
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 978-84-18687-54-9
Idioma: Galego
Nº Páginas: 116
Fecha publicación: 24 noviembre 2022
Número edición:

BRUXA non é calquera. Bruxa EN PRÁCTICAS, tampouco.

Quedaches coas ganas de saber como continuaban as aventuras desta bruxa logo da súa aprendizaxe para converternse nunha delas? Pois xa está aquí o volume 2 desta bruxa en prácticas.

A autora de éxito Susanna Isern, non deixa títere con cabeza nesta segunda aventura de Malvarina

POR ONDE IAMOS?

(Se non liches o primeiro volume aconsélloche que deixes de ler aquí. Hai spoilers!)

Ah, si, xusto pola mellor parte: cando derrotei as tres bruxas malvadas e volvín a Vilagrís convertida nunha delas. Se lembras, visitei o tenebroso castelo no que vivían as trixemelgas, Cornelia, Clío e Musgo. Elas mesmas me deron clases de maxia e, aínda que as cousas non saíron como agardaban, eu si que cumprín o meu soño. Aínda por riba fixen dous amigos: Lila, a miña coelliña fiel, e Tristán, un neno ao que desenfeiticei despois de levar máis de cincuenta anos con corpo de ogro. Xenial, non?

O caso é que, unha vez na vila, entendín que tiña que aprender a usar a miña maxia. Por iso colguei na porta un aviso de BRUXA EN PRÁCTICAS. Non sempre atinaba á primeira e quería que os veciños fosen comprensivos. O que nunca imaxinei é que a liase tanto e tan gorda.

Le, le… !

 

Idioma

Gallego