No VOLUME 3 Vilamán amañece cuberta por unha ernome nave con forma de prato voador. Que quererán eses seres de nós? Dominar a Terra? Acabar coa raza humana? Ou, simplemente, ser os mellores cociñeiros de tortillas da Galaxia?
No VOLUME 4 Cando parecía que a inauguración do novo centro comercial ía ser o acontecemento máis importante en Vilamán, un vilán escapa da pantalla do cine co propósito de impedir a celebración. Poderán Fani e SuperDani poñer fin ás súas malas intencións?