Ver cesta "Adiviñacedario" foi engadido á súa cesta.

O LOBO

16,95  IVA INCLUIDO

Autor: Rena Ortega
Editorial: Triqueta
ISBN: 979-13-87501-14-3
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 48
Data de publicación: Marzo 2025
Número edición: 1

Ouvean baixo a lúa, percorren grandes distancias e viven en mandas onde o traballo en equipo é fundamental.

Sabías que poden oírse entre eles a máis de 16 quilómetros de distancia? Ou que o seu olfacto é 100 veces máis potente que o noso?

Este libro vaite levar tralas pegadas destes fascinantes animais: como cazan, onde viven, que tipos de lobos existen e por que foron tan temidos e admirados ao longo da nosa historia. Desde as frías tundras ata os áridos desertos, os lobos conquistaron case todo o planeta.

Prepárate para coñecer estes fascinantes animais e descubrir os segredos que fan do lobo unha lenda viva.