autores-triquetaverde-david

David Lorenzo (ilustrador)

Nacín en Ourense (España) en 1984, desde que fun quen de suxeitar un lapis na man souben que a miña gran paixón era debuxar, xa na escola con sete anos me berraran por facerlles os debuxos aos meus compañeiros. Paso a maior parte do tempo facendo garabatos e esbozando ideas de novos proxectos, emocionándome con cada un deles como se fose o primeiro. Estudei Belas Artes e Ilustración completando así a miña formación académica. Actualmente combino a miña profesión de ilustrador coa de profesor dunha academia de arte, onde imparto clases a nenos e nenas e adultos, sendo os primeiros moitas veces unha gran fonte de inspiración. Amante do cine en xeral paso grandes tardes acurrunchado no sofá cunha manta xunto aos meus dous maiores tesouros, a miña muller e a miña cadeliña Frenchie Saxy. Traballos con TRIQUETA: A serie ROGER | O neno peixe

    Cesta