Ver cesta "Chimpate, Pepa!" foi engadido á súa cesta.

ILLAS Á VISTA!

17,95  IVA INCLUIDO

O noso primeiro libro divulgativo

Autor: Rena Ortega
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 978-84-18687-64-8
Idioma:
Nº Páxinas: 48
Data de publicación: Maio de 2023
Número edición:

ILLAS Á VISTA!

Prepárate para coñecer en detalle e percorrer un lugar do que seguro oíches falar moitas veces…

Na costa atlántica de Galicia espérate unha maravillosa aventura percorrendo as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O único en Galicia que ten unha diversidade de flora e fauna moi particular.

Coñece detalladamente todo o que teñen e podes visitar, así como as normas e materiais necesarios para facer a tua propia ruta.

Cunhas lentes de mergullo poderás descubrir os seus sorprendentes fondos mariños que están cheos de vida e cor.

Adéntrate na súa historia e busca tu propia aventura ata debaixo da auga. Esperante lendas, camiñatas,natureza e moitos datos que quizais non sabías deste parque tan especial.

 

POR QUE É ESPECIAL ESTE LIBRO?

 

Un libro divulgativo e natural para coñecer a fondo o que é un parque nacional marítimo- terrestre.

Un percorrido polas illas atlánticas de Galicia da man de Rena Ortega, especialista en divulgación natural.

Contén toda a información para gozar das excursións ás illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada acompañados dos máis pequenos.

Coñecer a historia, a fauna, a flora e multitude de datos curiosos para sacar o máximo partido ás túas visitas este verán.

 

Este Libro contou na súa edición coas seguintes axudas:

Axudas na área de influencia socioeconómica do Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e residencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEu, para os anos 2022 e 2023.

Idioma

Castelán, Gallego