Superheroes da escola

16,50  IVA INCLUIDO

Comeza outra aventura da tribu máis famosa da escola!

Fóra de stock

Autor: Jose Carlos Román con ilustracións de Leire Martín
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 978-84-18687-43-3
Idioma:
Nº Páxinas: 40
Data de publicación: 8 de setembro de 2022
Número edición:

Como cada mañá, tras cargar enerxías cun almorzo saudable, a nosa superheroína diríxese a un lugar ultrasecreto para se reunir con outros superheroes. Descubre cal é o teu superpoder e únete a esta grande tribo de superheroes!

 

Comeza outra aventura da tribo máis famosa do cole!

 

Nesta ocasión, o divertido texto do escritor e mestre de Educación Infantil José Carlos Román e mais as coloridas ilustracións de Leire Martín darán vida a unha historia que, a través dunha metáfora sobre os poderes dos superheroes, nos mostrarán todos os segredos que deben coñecer os nenos e nenas para se poderen converter nuns auténticos superheroes no cole. Xogando coa dualidade entre texto e imaxe, os pequenos aprenderán as principais normas que deben cumprir os superheroes no cole: traballar sempre en equipo, axudar os demais, loitar contra as inxustizas ou dicir sempre a verdade, entre outras moitas… Sen dúbida, un álbum que se converterá nunha auténtica aventura, chea de superpoderes pero, sobre todo, repleta de maxia, xogos e diversión.