Ver cesta "Era unha vez o lume dun dragón" foi engadido á súa cesta.

Un ovo de lobo

16,95  IVA INCLUIDO

Coñece ao noso lobo máis reivindicativo ?

Autor: Txabi Arnal con ilustracións de Tessa
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 9788418687464
Idioma:
Nº Páxinas: 48
Data de publicación: Setembro 2022
Número edición:

E por que non? Acaso ten algo de raro que un lobo queira ser mamá

Cun pouquichiño de musgo, uns cantos garabullos e tres presadas de barro, Lobo construíu o seu niño na oitava rama dun castiñeiro. E unha vez instalado no seu novo fogar… dispúxose a pór un ovo.

Na literatura infantil, onde calquera cousa pode pasar sen que pase nada, onde a transgresión perde o seu significado para se converter nun acto natural, atopamos desde sempre unha parcela de liberdade e valentía, ademais de múltiples camiños que nos conducen cara a outros tantos mundos posibles, todos eles carentes de prexuízos e plenos de naturalidade. E niso estamos e por iso escribimos. A oitava rama do castiñeiro é un canto á liberdade; liberdade para sentir e liberdade para ser. E, por suposto e ante todo, é literatura infantil cociñada con humor, tenrura, acción e unhas cantas gotas de reivindicación.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!