Dani Torrent (ilustrador)

Ilustrador e tamén pintor e escritor, licenciado en Historia da Arte pola Universitat de Barcelona e en Ilustración pola Escola Llotja de Barcelona. Completou a súa formación académica con estudos de dirección cinematográfica e cursos de doutoramento en Belas Artes na Universitat de Barcelona. O seu labor como ilustrador céntrase no álbum ilustrado, do que ás veces é tamén autor do texto, e publicou libros en España, Francia, Bélxica, Italia, Estados Unidos, Corea, China e Estonia, e gañou premios como o Junceda á mellor ilustración xuvenil, Manuel António da Mota (Portugal), e Joves Creadors da Fundación Fita e obtivo o segundo premio do certame internacional de debuxo de Zabrze, Polonia. Foi seleccionado en festivais internacionais como o CJBooks de Corea, o Wiibrand de China, ou o Illustrakids de Italia.
A súa obra pictórica expúxose en España, Francia, Nova York, Italia, México ou Hungría.
Con TRIQUETA publicou até hoxe:

    Cesta